A oitava edición da Festa Normanda de Foz presentarase o martes da vindeira semana, día 24 de xullo, con varios actos.
A presentación oficial e o desfile darán comezo ás 20:00 horas na praza Conde de Fontao e correrán a cargo de Rosana & Pili e O Nabiño. A continuación haberá unha churrascada no paseo da Ribeira coa actuación de Dambara e música ambiente con Dani Rego. O prezo da ración, composta de churrasco, chourizo, pan e viño, será de 7 euros.
Organiza a asociación Desembarco Normando de Foz coa colaboración do Concello de Foz, a Deputación de Lugo, o CCA de Foz, O Nabiño de Mondoñedo e Rosana & Pili.