San Martiño, en Foz, celebra as festas do Carme do 19 ao 21 de xullo

A parroquia de San Martiño, no concello de Foz, celebrará as festas do Carme esta fin de semana, do venres 19 ao domingo 21 de xullo.

As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas cunha pancetada e a partir das 22:30 horas haberá verbena coas orquestras Fania Blanco Show e Grupo Beatriz.

O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa e despois procesión e sesión vermú co grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto á Discomóvil Conxuto.

E o domingo haberá misa solemne ás 13:30 horas e a continuación procesión e sesión vermú co grupo Toxo Guayaba.