A parroquia ribadense de Covelas celebrará as súas na honra do seu patrón, San Vicente, o sábado 20 de xaneiro.
As actividades comezarán ás 13:00 horas cunha misa solemne, á que seguirá a sesión vermú e despois terá lugar a comida nun local climatizado. A música correrá a cargo de Jaime Paredes.
O menú da comida estará composto por callos, codillo asado, brazo de xitano, viño, refrescos, auga e café. O prezo para adultos é de 27 euros e os nenos e nenas de ata 10 anos deberán pagar 14 euros. O prazo para reservar os tickets rematará o 14 de xaneiro.