A parroquia cervense de Vilaestrofe celebra as festas na honra da Virxe do Pilar e do Carme do 11 ao 13 de outubro.

A parroquia de San Román de Vilaestrofe, en Cervo, celebra as súas festas na honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carme do 11 ao 13 de outubro.

O venres 11 ás 22:30 horas haberá unha gran verbena amenizada pola orquestra Xacobeo.

O sábado 12 ás 12:00 horas celebrarase a misa solemne na honra á Virxe do Pilar, cantada polo Coro Parroquial de Cervo. Despois haberá sesión vermú, no pavillón de deportes de veciños de San Román de Vilaestrofe, coa orquestra Compostela, que tamén amenizará a verbena, a partir das 22:00 horas, xunto á orquestra Aramio.

O domingo 13 ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne na honra á Virxe do Carme, cantada polo Coro Parroquial de Cervo. Despois haberá sesión vermú, no pavillón dos deportes de veciños de San Román de Viaestrofe, co Dúo EPO-K.

Os festexos están organizados pola Comunidade de Montes de Vilaestrofe coa colaboración do Concello de Cervo.