Óscar Ibáñez & Tribo ofrecerán unha actuación en Xove, na praza do Concello, o 18 de agosto ás dez da noite. Enmárcase a cita no Concertos do Xacobeo.
Despois do grande éxito acadado no Festival Folk Celta de Ponte da Barça (Portugal) e máis no festival Almuenza Folk (Palencia) o gaiteiro e frautista pontevedrés Oscar Ibáñezchegaeste xoves18 de agosto ás 22 h á Praza do Concello de Xove, dentro da programacióndas Festas do San Bartolo e a Virxe do Carme, como parte dos concertos do Xacobeo, promovido polaXunta de Galicia e o Concello de Xove. Entre agosto e setembro, e tamén dentro da programación do Xacobeo, está a levar a súa música aosconcellos de A Lama, Pontevedra,Monterrei eCortegada, Ourense; Padrón, A Coruña; e xafóradeste ciclo a finais de agosto actuará naXuntanza Internacional de Gaiteirosno Castelo de Monterrei,no que participarán algúns dos máis destacados gaiteiros e gaiteiras do mundo.
OSCAR IBÁÑEZ é un gaiteiro e frautista fascinante que realiza una fusión musical sen límites partindo das raíces, a medio camino entre investigación e creación, que ten como resultado un nuevo e persoalson.Os seuscomezostiveron lugar nos grupos de música tradicional de Pontevedra Treboada,Pai da Cana e Celme, co que percorreu toda Europa participando enfestivaisinternacionais de folclore, a docencia nos centros galegos demáis de 10 países de Europa e América e nasúa participación nos concursos degaita galega de maiorprestixio, nos que obtivomáis de 40 premios.
A súaTribo está formada por importantes músicos de longa e recoñecidatraxectoria, que formaron parte das bandas dos artistas e grupos máis destacados da música folk galega, como Fernando Fraga (Carlos Núñez), acordeón; Harry.c (Milladoiro), violín; Manuel Cebrián (Mercedes Peón), guitarra; Paco Dicenta (Mercedes Peón), baixo; Carlos Castro (Budiño), batería e percusión; e Carla Villanueva (Oscar Ibáñez &Tribo), xilófono; e cinco gaiteiros da Banda de Gaitas Suevia de Porto do Son,dirixixos porXosé Romero Miguéns, da saga familiar do célebre grupo Os Rosales de Asados, Rianxo.
Con esta formación realizoumáis de 200 concertos por toda a Península Ibérica, Bretaña e Italia participando nalgúns dos festivaisinternacionaismáisimportantes como: Festival Intercéltico de Lorient (Lorient, Bretaña); Festival Capodanno Céltico (Milán, Italia); Festival Internacional da Máscara Ibérica (Lisboa, Portugal); Festival Inter-Atlântico de Gaita de Foles (Ponte de Lima, Portugal); Festival Beltane (Perraes, Portugal); Festival Sons da Celtiberia (Vila Nova de Famaliçao, Portugal); Festival do Mundo Celta de Ortigueira (Ortigueira, Galicia); Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña, Galicia); Festival de la Luz (Boimorto, Galicia); Festival Folk de Guísamo (Bergondo, Galicia); Festival Folk As Pontes (As Pontes de García Rodríguez, Galicia); Festival Internacional Celta Reino de León (León, Castilla y León); Festival Folk Canarias (Telde, Gran Canaria); Festival Sauga Folk (Colindres, Cantabria); Festival Folk Plasencia (Plasencia, Extremadura) ou o Festival Intercélticod'Occidente (Tapia de Casariego, Asturias), entre outros.
OSCAR IBÁÑEZ participou en máis de 20traballos discográficos entre os que destacan os seusdiscos en solitario ALÉN DO MAR (VIR, 2012), no que fusionou a música de Galicia e América Latina a través da emigración, e AIRES DE PONTEVEDRA (Inquedanzas Sonoras, 2017), co que homenaxeouao célebre gaitero de Viascón Ricardo Portela (1920-1992) co gallo do 25 aniversario de su pasamento. Como investigador publicou os libros-CD Os Montes de Lugo (Ouvirmos, 2007), O Quinteto Monterrey (Dos Acordes, 2009) e XoánTilveGaiteiro de Campañó (aCentralFolque, 2015). É ademáis ideólogo e promotor de eventos como MUSGAFOL, Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva Gaitas de Fol do Noroeste, Juelles. Encuentro de Gaitas Europeas e Piperegrinos. As Gaitas do Camiño.
Naactualidade está a representar o seu espectáculo DA TERRA, no que repasa os temas máis destacados dos seustraballos discográficos Alén do mar e Aires de Pontevedra, e no que taménpresenta algúns temas do seunovodisco, que gravará duranteeste próximo inverno, nunha espectacular e enérxicaviaxe sonora a través música tradicional galega chea de orixinalidade, imaxinación e creatividadenunhamestizaxe musical innovadora na que predomina a sonoridade celta.