A Concellaría de Cultura de Ribadeo organiza Dúas Noites de Jazz, que se celebrarán este venres, 16 de outubro, e este sábado, día 17.
O venres 16 ás 20:00 horas no Teatro actuará Pablo Sanmamed Trío. Este grupo está formado por Pablo Sanmamed ao contrabaixo, Iago Mouriño ao piano e Bruno Couceiro á batería. A formación presentará un repertorio integrado por unha maioría de composicións propias e tamén revisitacións de compositores no que mesturan jazz con outras músicas.
O sábado 17 ás 20:00 horas no Teatro Rafa Fernández presentará A cara bonita da pedra. É un traballo homoxéneo e ambiental no que, a través de pequenas composicións, sons acústicos e eléctricos converxen describindo unha paisaxe sonora que cautiva ao público dende o primeiro minuto.