A partir do 20 de agosto o Concello do Valadouro realizará varias rutas guiadas interpretativas para coñecer a contorna da Serra do Xistral, facendo sendeirismo e combinando o coñecemento da natureza co aspecto cultural e histórico.
O 20 de agosto será a Ruta dos Pozos, de dificultade baixa. O 26 será a Ruta Fraga da Furna, tamén de dificultade baixa. O 1 de setembro terá lugar a Ruta Dolmen e Prado das Chantas, de dificultade alta, e por último o 6 será a Ruta Formación Rochosas Picos do Valadouro, tamén de dificultade alta. Todas as rutas comezarán as 9:30 horas e durarán entre dúas e tres horas e media aproximadamente.
As prazas son gratuítas e limitadas a 20 persoas. As persoas interesadas en acudir encontrarán máis información e poderán inscribirse na páxina https://bit.ly/3PJtn6N, no correo turismo@valadouro.gal ou chamando ao 982 571 516 (ext.3).