O Concello de O Valadouro convoca o concurso #QuedaNaCasa on-line para dúas modalidades: debuxo e fotografía.
Na modalidade de debuxo poden participar nenos, nenas, mozos e mozas do Concello de O Valadouro. A temática é libre, cada persoa poderá presentar ata 2 debuxos, a dimensión máxima dos debuxos será en tamaño normalizado A-4, os traballos deben ser orixinais e inéditos. A técnica será libre e poderase usar: acuarelas, lapis de cores, rotuladores, ceras, … Os traballos escanearanse ou sacaráselles unha fotografía (con boa visibilidade de traballo) e enviaranse ó seguinte correo electrónico: concurso@valadouro.org. O Concello pode subir ás súas redes sociais todos ou parte dos traballos presentados.
Hai catro categorías: Infantil, Primeiro ciclo de Primaria (1º, 2º e 3º curso), Segundo ciclo de Primaria (4º, 5º e 6º curso) e Secundaria. Haberá tres premios por categoría, que consistirán en vales de compra para locais comerciais do concello de O Valadouro que non puideran abrir pola declaración do Estado de Alarma e que deberán de ser consumidos no prazo dun mes a partir do día seguinte da entrega de premios.
Na modalidade de fotografía poden participar neste concurso persoas de máis de 16 anos do concello de O Valadouro. Os organizadores explican que se trata de que “amoses o que fas neste tempos de corentena na túa casa. Podes tratar o tema con humor. Podes estampar os quefaceres da casa. Descualificaranse imaxes consideradas obscenas ó igual que aquelas que representen insultos e abusos”. Cada persoa poderá presentar ata 2 fotografías en formato .jpg e 72 ppp. de resolución (mínimo), un peso de 8 Megabytes (Mb) e tamaño mínimo de 1600×2300 pixeles Os traballos teñen que ser orixinais e inéditos e non se admiten fotomontaxes. Non se condiciona o uso exclusivo de medios para captar a fotografía, podendo usar móbil, cámara dixital, … Os traballos enviaranse ó correo electrónico: concurso@valadouro.org. O Concello pode subir ás súas redes sociais todos ou parte dos traballos presentados.
No certame de fotografía hai unha única categoría para adultos (máis de 16 anos) e haberá tres premios, que consistirán en vales de compra para locais comerciais do concello de O Valadouro que non puideran abrir pola declaración do Estado de Alarma e que deberán de ser consumidos no prazo dun mes a partir do día seguinte da entrega de premios.
O prazo de presentación remata o martes 27 de marzo de 2020 ás 23:59 horas.
Os traballos subiranse ás redes sociais municipais (facebook) e os visitantes poderán darlle a ME GUSTA en cada foto. Cantos máis ME GUSTA teña cada traballo máis puntos obterá. A votación pública será entre o día 28 de marzo ás 00:00 horas e o 30 ás 23:59 horas.
O resultado dos dez máis votados será o que terá que valorar o xurado, que se reunirá telematicamente para determinar o veredicto e facer público os gañadores dos premios.
A entrega de premios farase en acto oficial despois de que remate o Estado de Alarma.