O Concello de Cervo convoca o certame de poesía infantil Nadal 2024. Cada autor/a pode presentar os traballos que desexe; deberán estar escritos en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; con cada traballo acompañarase unha folla co nome e demais datos do/a autor/a.
Hai tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos. Poden entregarse na biblioteca da Casa da Cultura ata o día 20 de decembro.
O fallo do xurado farase público en xaneiro de 2025. Os traballos premiados na fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura.