A asociación cultural A Pomba do Arco organiza para este venres, 9 de xuño, a presentación do libro titulado O monte galego e mariñán. Caos ou aproveitamento multifuncional?. O acto ten lugar na Librería Bahía de Foz a partires das 20:30 horas.
O obxectivo desta actividade é promover un debate sobre a situación do sector forestal na Mariña e en Galiza. No acto participarán Alberte Blanco Casal, coordinador do libro e Director Xeral de Montes entre 2005 e 2009, Bernardo Valdés, autor dun dos capítulos e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, e Ramón Reimunde Noreña, presidente de Produtores de Madeira de Galiza (PROMAGAL).
A Pomba do Arco quere convidar ao público a participar neste acto no convencemento da importancia que o sector forestal ten para as veciñas de Foz e da Mariña, e da necesidade de abrir canles de debate sobre o tema.