O vindeiro sábado, 3 de decembro, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz a presentación do libro A montaña do poeta, de Lionel Rexes.
Esta obra foi galardoada co Premio de Novela “Lueiro Rey” do Concello do Grove o pasado ano, e publicada pola editorial Xerais a comezos de setembro.
Lionel Rexes xa obtivera este mesmo premio en 2017 pola novela A raíña das velutinas.
No acto do sábado intervirá ademais do propio autor, o descendente de Noriega Varela e estudoso da súa figura, Pepe de Noriega.
Durante o acto poderán adquirirse exemplares da novela. Ao remate o autor asinará o libro a todos os asistentes que así o desexen.
Organizado por xentileza da asociación veciñal de Mor.