
Mañá, 1 de marzo, volven abrir as instalacións da Piscina Municipal de Xove, aínda que desta vez tamén vai abrir o Ximnasio Municipal.
Para poder acceder deberase facer unha reserva con cita previa chamando o teléfono 982 59 22 05. Para mais información tamén se pode chamar o teléfono móbil 609 13 43 20.
Os horarios da instalación serán de:
9:30h. a 14:00h. en sesión de mañá.
16:00h. a 22:00h. en sesión de tarde.
O número máximo de usuarios en cada quenda será de:
*12 persoas para a piscina,
* 6 persoas para o ximnasio.
Recentemente o Concello de Xove, acaba de equipar o Ximnasio Municipal con unha ventilación mecánica, composta de impulsores e extractores de aire, que ademais de renovar a totalidade do aire do ximnasio en poucos minutos, tamén lle poden aportar o local mais calor ou mais frío segundo as necesidades de confort dos usuarios. Unha autentica climatización por zonas de traballo, xunto con unha reciclaxe total do ambiente.
Tamén o día 3 de marzo darán comezo os cursos da Escola de Natación. No bimestre de marzo-abril, van participar 72 alumn@s distribuídos en varios grupos de distintos niveis de aprendizaxe.
Na totalidade da instalación seguiranse as mais estritas medidas, así como protocolos anticovid, para garantir unha actividade deportiva o mais segura posible.