Alfoz acolle o sábado, 12 de setembro, a obra teatral Relatos negros, de Manuel Maquiña e dirixida por Darío Autrán.
A cita terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura as 20.00 horas e a entrada será gratuíta cun aforo limitado a 50 persoas. As entradas poderán recollerse no Concello ata o 11 de setembro. En caso de quedar algunha localidade dispoñible o sábado, as entradas poderán recollerse antes da función na entrada da Casa da Cultura.
Dende o Concello recordan que é obrigatorio cumprir coas normas de hixiene e seguridade vixente e será necesario o uso da máscara durante todo o evento.
Organizan: Concello de Alfoz, Rede de Bibliotecas Públicas e a Consellería de Cultura e Turismo.