
O xoves, 22 de agosto, dan comezo as Festas de San Bartolo, en Barreiros, cunha sardiñada popular e posterior verbena co grupo La Bamba.
O venres 23 haberá pasarrúas e actuación do Arco da Vella no campo da festa. Ás 14:00 horas celebrarase a sesión vermú a cargo da orquestra Essencia, que tamén amenizará a verbena xunto á orquestra Platinum.
O sábado día 24 ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne e procesión ás 14:00 horas haberá sesión vermú coa orquestra Ceniza, que ademais estará na verbena coa orquestra Tokio.