Fallados os premios do concurso de disfraces "CovidEntróidate 2021", que organizou o Concello de Xove.

Hai uns días a Concellería de Cultura anunciou o fallo do Concurso de Caretas de Entroido dedicadas aos alumnos do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón. 

Outra das actividades que Concellería de Cultura  puxo en marcha dentro da  Programación do Entroido foi o Concurso “CovidENTRÓIDATE 2021”.

Os disfraces presentados a este concurso tiñan que  gardar relación co Covid-19. Desde a organización “pretendemos abrir un espazo imaxinativo que contribuíra, a través do humor, a superar estes tempos de incerteza e inquedanzas”. 

Puideron participar no concurso e ser beneficiarios dos correspondentes premios calquera particular, a título individual ou familias, entendidas neste caso como unidade de convivencia (residencia no mesmo domicilio), aos efectos de respectar a normativa covid, e con independencia da súa residencia ou non no Concello de Xove. Resumindo, o concurso estivo aberto a toda a xente en xeral, de Xove, da Mariña,….

Desde o Concello sinalan que “pretendemos que a xente se disfrazase, iso sí, respectando todas as normas covid. Isto, lóxicamente, limitounos moito, polo que consideramos establecer 3 categorías participativas, todas facilmente realizables no entorno familiar”.

Os premiados/as,  foron:

   1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría INDIVIDUAL INFANTIL (de 0 a 14 anos):
      1º Premio: (REX. Nº  Ind. Inf. 3) - NO COLEXIO HOGWARTS.
      2º Premio: (REX. Nº  Ind. Inf. 6) – POLICÍA ANTIVIRUS.
      3º Premio: (REX. Nº Ind. Inf. 2) – CONTROLANDO A PANDEMIA 

   2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría INDIVIDUAL ADULTOS (maiores de 14 anos):
      1º Premio: (REX. Nº Ind. Adult. 4) – VACINA PFRAZER, LABORATORIOS PENASAGUDAS.
      2º Premio: (REX. Nº Ind. Adult. 5) – VIRUS FORA DA CASA.
      3º Premio: (REX. Nº Ind. Adult. 6) – MÉDICO NA CASA. 

   3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría FAMILIAR:
      1º Premio: (REX. Nº Famil. 5) – ANO DO DEMO. 
      2º Premio: (REX. Nº Famil. 4) – NIN VACUNA, NIN SOLFATO, TEMOS QUE  BATEALO.
      3º Premio: (REX. Nº Famil 3) – VACINAS COVI 

Os premios consisten na entrega dun cheque-regalo, que poderá gastarse en calquera establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove, tendo como límite o  30 de xuño de 2021 para realizar o gasto.