O Club Náutico de Foz organiza este fin de semana, días 21 e 22 de abril, a regata de windsurf 1º Premio Centro Comercial Aberto.
A proba é clasificatoria para o Campionato de España de Windsurf nas modalidades de Fórmula Windsurf, Raceboard e Techno 293, segundo o Regulamento de Regatas a Vela da ISAF 2013-2016 RRV).
As regatas terán lugar durante o sábado e domingo nas augas do golfo do Masma desde as 13:00 ata as 18:00 horas. O campo de regatas estará situado fronte á praia da Rapadoira ou na ría, dependendo das condicións meteorolóxicas. Están inscritos 25 regatistas e entre eles hai olímpicos consagrados.
Colaboran o Concello de Foz e o Centro Comercial Aberto-ACIA Foz.