A Delegación de Deportes e Servizos Socias do Concello de Burela leva a cabo o programa Envellecemento Activo-Ximnasia para xoves de +60. As persoas interesadas poden inscribirse dende o día 9 ata o 18 de setembro na Casa do Concello.
O programa está dirixido a persoas maiores activas e ofrece ximnasia, xogos e actividades diversas.
Desenvolverase en tres grupos: o primeiro será os luns e mércores de 10 a 11 da mañá; o segundo grupo tamén luns e mércores de 11 a 12 do mediodía; e o terceiro grupo reunirase os martes e os xoves en horario de 10:00 a 11:00. As actividades levaranse a cabo na Praza de Abastos.