Os vindeiros días 3, 4 e 5 de decembro de 2021 terá lugar en Mondoñedo a terceira edición das Xornadas da Faba Verdina, nas que se poderán degustar diversas preparacións da faba verdina, en tapas, nos locais da hostalería de Mondoñedo.
Os organizadores explican que “esta actividade preséntase como unha oportunidade única de poder achegarse a coñecer un produto local de gran calidade e cultivado na nosa zona”.
Os locais participantes nesta edición son: A Cova, A Tasca, Bodegón a Catedral, Café Bar Castro, O Padornelo, O Palique, O Porriño, Viñoteca O Petisco e Viñoteca Segundo.
Os horarios para poder degustar as tapas, de xeito gratuíto, son: o venres, día 3 de decembro, dende as 20 ás 23 horas; o sábado 4 dende as 12 ás 15 horas e dende as 20 ás 23 horas; e o domingo 5 dende as 12 ás 15 horas.