Cordido, en Foz, celebrará as Festas da Peregrina os días 31 de agosto, 1 e 7 de setembro

Cordido, en Foz, celebrará as tradicionais Festas da Peregrina, que terán lugar os días 31 de agosto, 1 e 7 de setembro de 2024.

As festividades comezarán este sábado, 31 de agosto, cunha misa solemne ás 13:30 horas na igrexa parroquial, coa participación do Coro Virxe da Peregrina de Cordido. Despois da misa, terá lugar unha procesión acompañada por un grupo de gaitas. A xornada continuará coa tradicional sesión vermú, a cargo da Orquestra Escaparate, que tamén será a encargada de amenizar a verbena xunto co Grupo Tormenta.

O domingo, 1 de setembro, a celebración prosegue con misa solemne ás 13:30 horas, tamén na igrexa parroquial, coa actuación do Coro Virxe da Peregrina de Cordido. Ao remate da misa, a procesión estará acompañada pola Orquestra Compostela, que tamén será a protagonista da sesión vermú e da verbena.

E o sábado, 7 de setembro, as festas culminarán cunha gran sardiñada ás 20:00 horas que incluirá cachelos, pan e viño, e que estará amenizada polo Dúo Belinda.