A parroquia de Augaxosa, en Riotorto, celebra as súas feiras e festas na honra a San Roque os vindeiros días 13, 14 e 15 deste mes de setembro.
O venres 13 a partir das 21:30 horas haberá unha gran pulpada, tamén con churrasco, xamón cocido, postre e café. De seguido celebrarase a verbena amenizada pola orquestra Principal e DJ Billy.
O sábado 14 ás 9:30 horas terá lugar a inauguración da Feira de Gando con premios para os gandeiros. Haberá pasarrúas polo pobo con Gaiteiros de Augaxosa e ás 13:30 horas misa seguida de procesión e sesión vermú con Fuxsion Latina que tamén estará na verbena.
O domingo 15 ás 13:30 horas celebrarase a misa con procesión e despois sesión vermú co Dúo Venus. O campo estará cuberto con carpa.
O Concello de Riotorto colabora na celebración destes festexos.