A exposición Amazigh, sobre o Marrocos Bereber, que está nestes intres na sala de exposicións da Casa da Cultura, de San Ciprián, de Clara Lelarge e Jesús Giz Novo, poderase visitar ata o 9 de setembro.
Trátase dun proxecto que naceu trala viaxe dos autores a Marrocos no 2015, cando percorreron durante días lugares remotos habitados polo pobo Bereber, termo despectivo que substitúe ao propio Amazigh, que significa home libre.
O horario de visita é de 9.00 a 14:00 horas, pola mañá; e de 17:00 a 20:00 horas, pola tarde.
Ese mesmo día 9 de setembro como acto de clausura da exposición haberá unha proxección audiovisual ás 13:00 horas, na propia Casa da Cultura.