Presentado o Programa das Festas Patronais de Xove 2019, dedicadas a San Bartolo (Patrón de Xove) e á Virxe do Carme.
No acto participaron os organizadores das Festas, o Concello coa presenza do alcalde, Demetrio Salgueiro, e a Comisión formada por Carlos Cociña, Benigno Canoura, Luis Pico e Dalmacio Fernández.
As Festas, que comezan o 29 de agosto co Día da Xuventude, van rematar o 2 de setembro co Día do Neno. Nas mesmas inclúese un intenso conxunto de actividades de todo tipo: concertos, bailes, teatro, deporte, exposicións e un amplo etc.. No deseño do programa tentouse de realizar actividades para tódolos grupos de idades, dende os máis xoves ao máis maiores.