O grupo Chévere presenta a obra Eroski Paraíso este domingo, 3 de febreiro, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 20:00 horas. O prezo da entrada é 5 euros para o público xeral, e 3€ para estudantes, e persoas desempregadas ou xubiladas.
Trátase da primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. A historia comeza na sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, onde se coñeceron Eva e Antonio que, despois de casar, emigraron e tras dar tombos dun lado a outro, atopamos como vintecinco anos despois Eva, de novo en Muros, coida do seu pai e traballa no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas, mentres Antonio está en Canarias.
O elenco de actores está composto por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez e Luis Martínez.
A obra conta con sobretítulos proxectados que están adaptados para persoas xordas ou con problemas de audición.