O Concello de Xove celebra as súas festas na honra de San Bartolo e a Virxe do Carme do 16 ao 20 de agosto.
O xoves 16 é o Día da Xuventude e ás 12:00 horas no salón de actos do Centro Cívico o Teatro Cachirulo representará a obra A cabeza do dragón. Ás 21:00 horas, tamén no Centro Cívico, terá lugar o pregón a cargo do pintor Xoan Guerreiro. Pola noite actuará Top Líder en concerto.
O venres 17 ás 20:00 horas haberá sardiñada popular animada pola Charanga de Neda. O prezo dos tíckets é de 2 de euros e venderanse postres para recadar fondos destinados ás protectoras de animais. Ás 23:00 horas terá lugar a verbena con Orquestra Televisión e La penúltima (Tributo a Sabina).
O sábado 18 ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne coa intervención da Orquestra Infantil de Xove e procesión coa Banda de Música de Meira. Despois haberá sesión vermú coa orquestra Galilea e ás 23:00 horas verbena coas orquestras Galilea e Os Satélites.
O domingo 19 ás 13:00 horas oficiarase a misa solemne na que intervirá o Coro Interparroquial Louvanzas Novas de Xove e haberá procesión coa asociación cultural Saíñas. A continuación a sesión vermú coa orquestra Pontevedra que tamén actuará, xunto a París de Noia, na verbena a partires das 22:30 horas. Ademais ás 18:30 horas no campo municipal de Xove, disputarase a XXX edición do Torneo Concello de Xove de Fútbol, que enfrontará aos equipos do CD Foz e UD Xove-Lago.
O luns 20, festivo local, é o Día dos Nenos e ás 17:00 horas haberá inchables na praza do Concello. Ás 22:00 horas terá lugar a proxección da longametraxe Nove de novembro do director de cine xovense Lázaro Louzao. Ademais dos días 20 ao 24, na pista municipal de pádel de Xove, celebrarase o VI Open de Pádel San Bartolo.
Tamén no Centro Cívico pode visitarse a exposición fotográfica Xove 360º. Fervenzas, do 11 de agosto ao 2 de setembro, en horario de 18:00 a 22:00 horas. Na Oficina de Turismo, dos días 17 ao 23 de agosto, está a exposición Coas nosas mans XI.
Organizan a Asociación de Festas, Concello de Xove e Asociación Technoxove. Colaboran veciños e empresas, a asociación cultural Saíñas, coro interparroquial Louvanzas Novas, Escola Municipal de Música, Asociación Prestoxove, Consellería de Cultura-Xunta de Galicia e Deputación Provincial de Lugo.