A décimo quinta edición da Ruta das Tapas que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz celebrarase a vindeira Semana Santa, concretamente do xoves 29 ao sábado 31 deste mes, e contará coa participación de quince establecementos hostaleiros: Aroma Café, Bar 78, Cafetería Express, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock Café, Happy Days, O Lar de Bustos, O Muelle Bar, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.
As tapas serviranse de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo de cada tapa é de 2 euros.
Haberá catro premios. As tres mellores tapas serán elixidas polo xurado e haberá premio tamén para a tapa coa mellor presentación, que sairá das votacións que se realicen a través da páxina de facebook do CCA focense: www.facebook.com/aciafozcca.
Desde o Centro Comercial Aberto animan “a vir a Foz esta Semana Santa a saborear as exquisitas propostas que están a preparar os establecementos participantes na décimo quinta Ruta das Tapas, que xa é unha cita clásica nestas datas. As persoas que nos visiten ademais de gastronomía tamén poderán coñecer A Mariña a través da oficina virtual, situada no edificio do Cenima, de Foz”.