A Pontenova acollerá un encontro de música e baile tradicional o día 24 de marzo, sábado. Está organizado pola Asociación Musical Eco das Minas e a Escola de Música local, que contan coa colaboración do Concello da Pontenova.
As actividades empezarán ás 11 da mañá cun obradoiro de baile tradicional a cargo de Ruth Pérez. Ás 16:30 horas haberá outro obradoiro, neste caso de canto e pandeireta, con Noemí Basanta. A participación nestas actividades é gratis para os socios de Eco das Minas e os non socios deberán pagar 5 euros. Para apuntarse hai que contactar con Feli no teléfono 610.94.77.38.
A partir das 19:30 horas actuarán as agrupacións musicais Corxa Airiños Galegos Doce Albor Santurtzi, de Santurce; O Feitizo, de Foz; e o grupo de gaitas A Chocolateira, da Escola de Música da Pontenova. Como invitados especiais participarán gaiteiros tradicionais da comarca