O Pavillón da Veiga de San Ciprián acollerá o sábado 16 de decembro a III Canastra Solidaria.
A cita, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, a de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, e a representante do Club organizador, María Mota.
Dende hoxe mesmo pódense entregar xoguetes novos que se recollen na Casa da Cultura de San Ciprián, e tamén alimentos no supermercado Familia; que o mesmo día da actividade serán doados á Cruz Roja Española.
A programación comprende xogos infantís e máis sorpresas para ese día 16 de decembro, no que se desputarán dous encontros de baloncesto. O primeiro deles será a partir das 16:00 horas e será un partido de 2ª división cadete feminina entre Distribuciones Carreiras C.D. San Ciprián e o CB Ensino 03. Xa a partir das 18:00 horas será o encontro de 3ª división sénior masculino que enfrontará ao C.D. San Ciprián e ao CB Atocha.
O Concello de Cervo convida a todos os veciños a participar nesta gran iniciativa solidaria e que poñan o seu graniño de area para que ningún neno se quede sen o seu xoguete este Nadal e facer que estas datas sexan un poquiño mellores para aquelas persoas que tanto o precisan.