O 17 de decembro celébrase en Ribadeo a III Papanoelada Moteira, que organiza o Motoclub Al Corte. Haberá recollida de alimentos para a operación quilo.

O Motoclub Al Corte de Ribadeo organiza a III Papanoelada Moteira que terá lugar o 17 de

decembro.
Ese día a partires das 18:00 horas con saída do Cantón dos Moreno as motos percorrerán varias rúas de Ribadeo. E antes haberá caramelos e globos para os máis pequenos.  

As persoas que queiran participar como moteir@s é imprescindible que leven traxe de Papa Noel para facer a ruta. Ao remate todos gozarán dunha chocolatada con biscoito. 

Durante a tarde dese 17 de decembro haberá unha ambulancia da Cruz Vermella no Cantón á que as persoas que o desexen poderán levar alimentos non perecedoiros e así participar na Operación Kilo desta entidade. Todo o recollido será distribuído entre as familias máis necesitadas de Ribadeo. 

Colaboran con esta III Papanoelada Moteira Acisa e o Concello de Ribadeo.