O Concello de Foz organiza cursos de pilates, zumba e bolillos. Empezarán na segunda semana de novembro.

O Concello de Foz, a través da Delegación de Servizos Sociais que dirixe a concelleira Mercedes González Alonso, organiza cursos de pilates, de zumba e de bolillos. Os tres comezarán a segunda semana de novembro e terán unha duración de cinco meses.

O curso de pilates desenvolverase os luns e mércores ás 16:30 horas no baixo do Centro Social. Empezará o día 6 de novembro, luns, e o prezo é de 15 euros ao mes.

O de zumba terá dous grupos que terán as clases os martes e xoves, pero un será as 16:30 horas e o outro ás 21:00 horas. Nos dous casos impartiranse no Centro Social, pero o primeiro será no baixo e o segundo no cuarto andar. Comezará o 7 de novembro, martes, e o prezo é de 15 euros ao mes.

E o de bolillos desenvolverase os mércores ás 15:20 horas no cuarto andar do Centro Social. Empezará o 8 de novembro e o prezo é de 10 euros ao mes.

En cada actividade o monitor facilitará as fichas de inscrición.