A ACIA de O Vicedo organiza a Xornada Gastronómica da Ostra que se celebrará os días 29 e 30 de abril, e 1 de maio.
Durante eses días poderá degustarse a ostra en distintas elaboracións a un prezo de 5 euros a ración.
Os locais participantes son La Bodeguita del Puerto, Mesón O Remo, Cafetería Casa da Cultura, Merendero Los Árboles en Xilloi, Casa Fanego e Restaurante Area Grande en San Román, e Café-Bar Alba.
Colaboran na celebración destas xornadas o Concello de O Vicedo, o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo da Unión Europea.