O 1 de outubro celébrase a Festa do Ramo no alto do Cruceiro, en Xuances (Xove) e o día antes, o 30 de setembro, a Festa dos Callos.

O 1 de outubro celébrase a Festa do Ramo no alto do Cruceiro, en Xuances (Xove) e o día antes, o 30 de setembro, a Festa dos Callos.
 
Esta festa, que chega á súa undécima edición, está organizada pola asociación cultural e de festexos Alto do Cruceiro. Desde a organización sinalan que "antes de seguir con outras cousas, decir que esta festa a recuperamos despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar de celebración será no Campo da Festa Onofre Louzao, un recinto inaugurado hai un par de anos en honra a Don Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido hai 3 anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode que non sexa así, polo que dispoñemos dunha gran carpa. Para unha maior comodidade dos visitantes dispoñemos de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa".
 
E engaden que "en canto ó amplo programa de actividades, destaca a celebración da Festa dos Callos, no seu décimo aniversario,e que terá lugar o venres, 30 de setembro, a partires das 8 da tarde. Trátase dunha festa gastronómica, dun producto tan noso como son os callos, e a proposta que lles facemos é a seguinte: os participantes, polo módico prezo de 5 €uros, van poder degustar dunha abundante ración de callos, pan e viño. En total contaremos con máis de 1000 racións, as cales esperamos que se agoten. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa contamos cun posto onde os visitantes van poder adquirir tickets por valor de 5 €uros, cos cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, remataremos a Festa cun bo programa de baile a partires das 11 da noite, amenizado pola orquestra COSTA OESTE e L.BAN DJ. En canto ó programa de actividades previsto para o sábado 1 de outubro temos:
       - ás 13:00 horas: Misa Solemne e Procesión
       - ás 14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do GRUPO PEKADOS
       - ás 18:00 horas: Partido solteiros contra casados, no campo anexo ó da Festa
       - ás 22:30 horas: Verbena co GRUPO PEKADOS e a ORQUESTRA TELEVISIÓN".
 
Para rematar, a Comisión "quere darlle as grazas a todas a s persoas, institucións, empresas, etc. que, de forma desinteresada, colaboran coas nosas Festas: Concello de Xove, comercios da zona e un especial agradecemento para os nosos veciños".