O venres, 8 de xullo, terá lugar en Alfoz a presentación de XVIII edición do Mercado Medieval que se celebrará os días 15 e 16 de xullo.
Esta presentación irá acompañada da celebración dun desfile de traxes medievais. A colección destes traxes pertence á deseñadora Reme Espantoso.
O desfile comezará ás 21:00 horas e terá lugar no Castelo de Castro de Ouro. E, ademais da deseñadora, colaborarán no evento Peluquería Marité, Salón de Beleza Xanela, Óscar Novo Car, Ana Fabeiro Arte Floral, Twevento, Quorum Events, Eduardo Martínez Fotógrafo, así como membros da comisión organizadora do Mercado Medieval.
O Concello de Alfoz e a Comisión do Mercado Medieval de Alfoz, organizadores do evento, convidan a todos os veciños e visitantes a participar nesta noite máxica nas inmediacións do Castelo de Castro de Ouro recordando que a entrada é libre.