A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá este sábado, 18 de xuño, dúas representacións a cargo dos alumnos do taller de teatro infantil Pimpim.

A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá este sábado, 18 de xuño, dúas representacións a cargo dos alumnos do taller de teatro infantil Pimpim.
 
A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá este sábado, día 18, a partir das 20 horas dúas representacións teatrais, Caracola 1982 e Farillóns 1950, a cargo dos alumnos do taller de teatro infantil Pimpim e a presentación do libro Os Bolechas visitan Cervo.
 
A concelleira de Cultura cervense, Dolores García Caramés, explica que “o taller de teatro Pimpim cada vez conta con máis participantes, pois este ano incorporáronse 4 e actualmente hai 44 alumnos en dous grupos, un de 18 e o outro de 26. Son nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos. Levan desde marzo preparando as obras todos os venres e estas últimas semanas ensaian un pouco máis porque estrean este sábado as dúas obras, que tratan sobre dous naufraxios que houbo na costa de San Ciprián, un nos anos 50 e o outro en 1982, e están enlazadas coa lenda da Maruxaina. O decorado está feito tamén por eles. As dúas obras transcorren na terraza dun bar no porto de San Ciprián. Haberá sorpresas para os actores e tamén para o público, xa que os nenos e nenas sempre preparan unha para o final”.
 
Dolores García engadiu que “ademais, aproveitando a actuación, presentarase o libro Os Bolechas visitan Cervo, unha publicación na que Os Bolechas visitan as parroquias do concello e onde se fai unha mención especial ao grupo de teatro municipal infantil Pimpim. Na elaboración do libro colaborou a empresa Acuidoro, S.L. Grupo Stolt Sea Farm e repartiranse nos colexios a todos os nenos e nenas a próxima semana”.