A programación cultural de Cervo para este mes inclúe unha actuación do cantautor Manolo Couto, un espectáculo de baile e teatro.

A programación cultural de Cervo para este mes inclúe unha actuación do cantautor Manolo Couto, un espectáculo de baile e teatro.
 
A programación cultural do Concello de Cervo para este mes inclúe unha actuación do cantautor Manolo Couto, un espectáculo de baile e teatro.
 
Este sábado, día 11, ás 20 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián actuará o cantautor galego Manolo Couto.
 
Ao día seguinte, tamén na Casa da Cultura de San Ciprián ás oito da tarde, haberá un espectáculo a cargo da escola de baile da asociación Pasiño a Pasiño.
 
E o sábado, día 18,  o grupo de teatro municipal Pimpim representará as obras Caracola e Farillóns. Será no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián ás 20 horas.