O Concello cervense convoca o concurso fotográfico "Cervo Respecta 2016" con motivo da conmemoración do día mundial do medio ambiente.

O Concello cervense convoca o concurso fotográfico "Cervo Respecta 2016" con motivo da conmemoración do día mundial do medio ambiente.
 
O Concello ven de convocar o concurso fotográfico Cervo Respecta 2016, que foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Medio Ambiente, Manuela Méndez.
 
A edil de Medio Ambiente anunciou que “o Concello de Cervo, como xa ven facendo dende hai cinco anos, convoca o sexto concurso fotográfico de Medio Ambiente co título Cervo Respecta, que forma parte das actividades que o noso concello celebrará o vindeiro 5 de xuño no que se conmemora o Día Mundial de Medio Ambiente”.
 
Manuela Méndez explicou que “é un concurso fotográfico, o tema é calquera aspecto relacionado co medio ambiente e as bases póñense nos folletos informativos que o Concello distribúe polos distintos locais”.
 
A Concelleira de Medio Ambiente salienta que “haberá un primeiro e un segundo premio e ademais un especial, como xa ven habendo nos dous últimos anos, que lle chamamos o Top Cervo é o premio á mellor fotografía medioambiental pero na que se identifique plenamente unha paraxe do noso concello. O resto das fotografías que poden concursar deben estar relacionadas co medio ambiente da nosa comunidade autónoma. A entrega dos premios farase o día 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, na Casa do Concello de Cervo”.
 
Manuela Méndez anima “á xente a que participe nun concurso tan agradable para os sentidos e para todos por facer fotografías da natureza, tanto da nosa comunidade autónoma en xeral como do noso concello en particular. Pensamos que é algo bonito, sinxelo e agradecido”.
 
As bases do certame recollen que cada participante pode concorrer cun máximo de dúas fotografías e o traballos deberán presentarse antes do 16 de maio na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa da Cultura, en San Ciprián.
 
O fallo do xurado farase público o día 3 de xuño e os premios establecidos son un vale de 150 euros a gastar en establecementos do concello de Cervo para o primeiro, un vale de 75 euros a gastar en establecementos do concello de Cervo para o segundo e un vale de 50 euros a gastar en establecementos do concello de Cervo para o gañador do Top Cervo.