A Asociación Cultural Deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín organiza para o sábado día 16 Gancho a Popa!!, o IX Encontro Chilindrín, unha xuntanza da xente de Celeiro.
Éste terá lugar no Restaurante Louzao, en Area, ás 22:00 horas. O prezo é de 35 euros, que inclúe cea e baile. As entradas poden mercarse no bar Rolindes ata o día 14.