O vindeiro sábado, 7 de novembro, ás 12 da mañá terá lugar na Librería Bahía, de Foz, a presentación do libro “El dilema de Spallanzani y otras curiosidades de los murciélagos”, do biólogo Roberto X. Hermida. Estará acompañado pola profesora Teresa Nécega. E a continuación charla-proxección sobre As Covas do Rei Centolo, a cargo de Gonzalo Villarmea.
Desde a Librería Bahía sinalan que “ás veces, o que temos máis preto é o que menos coñecemos… Este sábado, día 7 de novembro, propoñémosvos dende a Librería Bahía unha xornada para descubrir morcegos e covas.
Apetécevos abrir os ollos e os oídos a estas dúas realidades tan próximas?”.
Estas actividades, que se desenvolverán pola mañá son libres e gratuítas. Pola tarde haberá unha visita guiada ás Covas do Rei Cintolo. As prazas son limitadas e o prezo é de 15 euros. As persoas interesadas en participar nesta visita poden inscribirse en Librería Bahía.