O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García, presentou o evento previsto para este venres, 11 de setembro, a partir das 12 da noite, terá lugar unha “Festa da Xuventude”, integrada dentro da programación das “festas patronais de Os Remedios”.
O evento terá lugar na Praza do Concello, que contará con carpa, e polo escenario pasarán varios DJs de importancia nacional, como as Beat2Beast, dúas chicas que pinchan música electrónica e que actuaron durante este verán en numerosos festivais por España, así como colaboracións con outros DJs como JuanMagán, Dukes ou “Les Castizos”. Por outra banda, tamén estará presente o DJ e locutor de radio David Expósito, acompañado polos DJslocales DEEP López e Alberto Leivas.
Dende a Concellería de Xuventude agradecen a colaboración da Comisión de Festas de “Os Remedios” e da asociación “Pasatempo”, e animan a todos os mindonienses e visitantes a acudir este venres a Mondoñedo.