Unha vintena de comercios de Acia Burela celebran este venres, 14 de agosto, unha noite de "Compras máxicas".

Unha vintena de comercios de Acia Burela celebran este venres, 14 de agosto, unha noite de "Compras máxicas".
 
Unha vintena de comercios de ACIA Burela celebran este venres, 14 de agosto, unha noite de “Compras Máxicas” en horario especial de tarde desde as 7 ata as 11 da noite.
Ademais dun horario extendido, que permite facer as compras tranquilamente despois de disfrutar dunha completa tarde de verán, o principal atractivo desta iniciativa, organizada pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela, consiste nunha zona outlet en cada establecemento coa oferta de numerosos artículos a precios rebaixados con descontos de ata o 50%.
As compras estarán ademais animadas coa actuación dos magos de AMAM (Asociación de Magos Afeccionados da Mariña) dentro dos propios locais e moitas outras sorpresas.
Os locais participantes na campaña son: A Canastilla, Ajuar, Atmósfera Sport, Bambú, Calzados Tomás, Canela, Caroa, Chamorro, Fragances&Colours, Interfilm, Joyería Pikmar, Kessarys Joyeros, La Lola, Minnistore, New Style, Óptica Afflelou, Pacita, Platería David, Strass e Zalo.