A Concellería de Cultura de Xove convoca o II Concurso de Fotografía Medioambiental "Xove, a súa costa e o seu mar".

A Concellería de Cultura de Xove convoca o II Concurso de Fotografía Medioambiental "Xove, a súa costa e o seu mar".
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o IIº Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente. 
 
Dentro do concurso imos ter dúas categorías:
   -Adultos, que teñan 18 anos ou máis.
   -Xuvenil, para menores de 18 anos.
 
En canto aos premios, imos ter tres por categoría, un primeiro de 100 €uros, un segundo de 75 €uros e un terceiro de 50 €uros. Os gañadores/as  recibirán un cheque-regalo que poderá gastarse en calquer establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove.
 
Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán  imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles. 
 
A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte:
   -Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto.
   -Copia do NIF do concursante.
   -Un CD que conteña as imaxes dixitais.
 
O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ATA O DÍA 18 DE SETEMBRO DE 2.015, e poderá presentarse  tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación,  tendo en conta o límite do día 18 DE SETEMBRO DE 2015. 
 
Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura. As Bases, a Convocatoria e a Ficha de Inscrición-Autoría a poden atopar na páxina web do Concello www.xove.es.