
A Cadeira, no concello de Trabada, celebrará os días 25 e 26 de abril a Romería de San Marcos, con feira anual de gando cabalar.
As actividades comezarán o venres 25 ás 13:30 horas con misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da orquestra Salsarena, que tamén actuará na festa verbena, a partir das 20 horas, xunto ao grupo Los Adrianos.
E o sábado 26 ás 13:30 horas haberá misa solemne e procesión; despois terá lugar a sesión vermú co grupo Da Silva, que tamén actuará na festa verbena, a partir das 20 horas, xunto coa disco móbil The Sound Project, que estrea novo escenario.