Barreiros expón a mostra “Mulleres por Mulleres” na Praza do Concello do 14 ao 31 de marzo

Este venres, día 14 de marzo, ás 11:30 horas o Concello de Barreiros inaugurará a exposición titulada Mulleres por Mulleres na carpa da Praza do Concello, en San Cosme. É unha mostra que recolle as historias de vida de 12 mulleres barreirenses, poñendo en valor os seus logros e achegas.

Esta exposición estará na Praza do Concello de Barreiros ata o 31 de marzo e a partir de abril trasladarase aos centros escolares para que o alumnado coñeza ás mulleres protagonistas destas historias.