Folgueiro, no Vicedo, celebra o Antroido este sábado, 1 de marzo

Folgueiro, no concello do Vicedo, celebrará o Antroido este sábado, día 1 de marzo. A partir das 20:30 horas haberá degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Antroido; o prezo de cada ración é de 6 euros. E a continuación, baile co grupo Zona Zero e Disco Móbil Olymρο.

Haberá premios para os mellores disfraces en categorías de grupos, parellas e individuais.

Este festexo está organizado pola Asociación de Veciños Airiños do Folgueiro.