O desfile de Entroido en Alfoz será o luns 3 de marzo no pavillón municipal

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza o desfile de Entroido en Alfoz para o luns 3 de marzo ás 21:00 horas no pavillón municipal. Entregarán premios aos mellores disfraces

“O luns 3 de marzo tedes unha cita no pavillón de Alfoz. Ás 19:30 horas será a apertura de inscricións e ás 21:00 horas o gran desfile. Contaremos coa música de Discomóvil Eventec e con bocadillos quentes”, anuncian os organizadores.