O Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) acolle un concerto performance de Agua Menacho e David Bellas o 14 de febreiro

O Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acollerá un concerto performance a cargo de Auga Menacho e David Bellas o día 14 de febreiro, venres, ás 21:00 horas.

Esta actividade  está organizada pola asociación cultural A Tribo da Travesía, que anuncia: “o primeiro evento deste 2025 é un concerto-performance de David Bellas e Agua Menacho, dous mariñáns que de seguro van sorprendernos. Para ir facendo boca un pequeno adianto: Isorritmias (2025). Musical performance. A isorritmia é unha técnica de composición desenvolta a partir do século XIII e en uso ata o século XV. Consiste no uso repetitivo de patróns rítmicos e/ou melódicos. Neste caso baixo a óptica dos métodos de composición/improvisación dos séculos XX e XXI levados ao vehículo da gaita de fole. Quero ser unha vaca: Unha muller camiñando. Unha cidade. Edificios afiados e liñas rectas. Qué habita o seu corpo? Qué fai un corpo para salvarse cando xa non queda espazo?”.

O prezo da entrada é de 10 euros e véndense anticipadamente en Libraría Bahía, en Foz e Ribadeo.