
Este xoves, día 6 de febreiro, continúa o Sanci Tapeando, ruta de tapas que promove a hostalería de San Cibrao, coa colaboración do Concello de Cervo e que incorpora para os próximos meses novos locais. Así na cita gastronómica participarán ata o xoves 19 de xuño Cervecería A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, A Bodega de Ana e Bar Maruxaina.
Cada semana os establecementos participantes nesta iniciativa, que botou a andar xa polo ano 2018, ofrecerán unha tapa diferente e elaborada a un prezo de 2,5 euros. Os clientes dos xoves terán a posibilidade de participar nun sorteo de dous vales, de 200 e de 100 euros, para consumir nos locais participantes.