O laudista esloveno Bor Zuljan actuará o 24 de outubro na basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, cun repertorio baseado no Renacemento

A basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz,  acollerá este xoves -24 de outubro- , ás 19.00 horas, a actuación do laudista esloveno Bor Zuljan, un dos maiores especialistas contemporáneos neste instrumento de corda que se extendeu por Europa na época medieval.

No concerto, incluído no I Ciclo de Música Medieval Lugo De Trovas e Cantigas, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o músico, coñecido por ampliar as posibilidades deste instrumento e redescubrir sons e técnicas de interpretación esquecidas, amosará o seu virtuosismo cun repertorio inspirado no florecemento humanista e cultural do Renacemento cando o laúde se converteu no instrumento máis popular nas cortes europeas.

O tenente alcalde de Foz Francisco Xavier Fanego valorou a programación do concerto na Basílica de San Martiño,  que pola época en que se construíu e pola súa especial sonoridade, se adapta perfectamente a proposta deste ciclo de música medieval" e destacou que "as actuacións musicais son un reclamo para achegarse a este ben patrimonial, como demostran outros eventos como os programados pola Asociación Bal y Gay"

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro destacou que "ademais de contribuír a visibilidade do patrimonio arquitectónico, este ciclo musical incide no traballo que se ven desenvolvendo para poñer en valor o patrimonio musical que o Centro de ARtesanía e Deseño atesoura en relación coa construción e o estudo dos instrumentos medievais, que supoñen unha oportunidade para o intercambio con outras tradicións musicais europeas". 

O Ciclo de Música Medieval que agora chega a Foz iniciouse en abril pasado no Centro de Artesanía e Deseño, e continuou cunha actuación da formación Malandança no mosteiro de Samos o pasado mes de setembro. En novembro, celebrarase o último concerto na igrexa románica de Bembibre, en Taboada.

Bor Zuljan

Bor Zuljan está activo en diferentes xéneros musicais e toca variados instrumentos de corda pulsada antigos, modernos e tradicionais. Chamado o “revolucionario do laúde” (Le Soir), redescubríu instrumentos, sons e técnicas de interpretación esquecidos, ampliando sempre o abano de posibilidades.

Actúa internacionalmente como solista e con diferentes grupos: Doulce Mémoire, Tasto Solo, Graindelavoix, L'Achéron, Vox Luminis, Il Giardino Armonico, cos hirmáns Teofilović, en dúo con Dušan Bogdanović econ Romain Bockler (Dulces Exuviae), así como co seu ensamble La Lyra.

Desde 2011 é director artístico do festival de música antigua Flores Musicae en Eslovenia. En 2013, o Instituto de Musicoloxía de Eslovenia publicou a súa edición crítica das obras para laúde de Giacomo Gorzanis, compositor a quen dedicóu o primeiro álbum de La Lyra “Gorzanis - La barca del mio amore” co cantante Pino De Vittorio (Arcana - Outhere Música, 2018).

En 2019 comenzou unha serie de álbumes para o selo Ricercar (Outhere Music): "Josquin - Adieu mes amours", eo primeiro CD do dúo Dulces Exuviae foi moi ben recibido pola crítica especializada; un ano máis tarde o seu primero álbum solista “Dowland - A Fancy” gañou o prestixioso Diapason d'Or do ano 2020, o CHOC de Classica e o Editor's Choice de Gramophone, seguido en 2022 por “Gesualdo - Il liuto del Principe” (Diapason d'Or, CHOC de Clásica,…). “Toutes les nuits”, o último disco do dúo Dulces Exuviae salíu en 2013 no mesmo selo, gañando o Diapason d’Or e outros premios.

No tocante a súa formación e labor docente e investigadora, despois de rematar os seus estudos de música clásica e jazz no Conservatorio de Ljubljana, continuou a súa viaxe musical con Aniello Desiderio en Koblenz, Alemania. En 2007 mudouse a Xenebra para estudiar no HEM de Xenebra onde obtivo unha mestría en guitarra clásica e laúde (Dusan Bogdanovic, Jonathan Rubin), unha mestría especializada en música medieval e unha mestría en pedagoxía.

Dende 2011 lidera como asistente o proxecto de investigación do HES-SO "Ricercar unha fantasía" sobre a improvisación de fantasías no laúde durante o século XVI, co que continúa so seus estudos doctorais no Centro de Estudos Superiores do Renacemento en Tours, Francia. Imparte regularmente conferencias e clases maxistrais en institucións prestixiosas, como a Schola Cantorum Basiliensis, a Fondazione Giorgio Cini de Venecia, o CNSMD de Lyon e o HEM de Xenebra.