Piñeira, en Ribadeo, celebra as festas do Santo Cristo do 11 ao 13 de outubro

A parroquia ribadense de Piñeira celebrará as festas do Santo Cristo esta fin de semana, desde o venres 11 ata o domingo 13 de outubro.

As actividades empezarán o venres ás 22:00 horas coa verbena amenizada por grupo Beatriz e América SL.

O sábado haberá verbena ás 22:00 horas, coas orquestras Capitol e New York, e espectáculo de fotos artificiais ás 00:00 horas.

E o domingo celebrarase ás 13:00 horas misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo. Despois haberá procesión co Cuarteto Illa Pancha e sesión vermú a cargo de Los Adrianos, con degustación de xamón cocido e empanadas de balde.

A organización, que corre a cargo da Asociación de Festas do Santo Cristo de Piñeira, destaca que disporán de carpa.