O 14 de setembro terá lugar no Sixto, en Ourol, a festa na honra da Virxe dos Remedios

O próximo 14 de setembro o do Sixto, no concello de Ourol, celebrará as tradicionais festas na honra á Virxe dos Remedios.

A xornada comezará ás 13:00 horas cunha misa solemne seguida da tradicional procesión. De seguido, terá lugar a animada sesión vermú, amenizada polo Dúo Caramelo.

Ás 15:00 horas celebrarase un xantar popular cun menú que inclúe callos, churrasco de porco, chourizo, patacas, postre, café e chupito. O prezo por persoa é de 28 € e as reservas pódense facer ata o día 11 de setembro nos seguintes números de contacto: 606 668 054 (Cruz) e 669 308 211 (Adrián).

Xa pola noite, a celebración continuará cunha gran verbena, onde actuarán o Dúo Caramelo e o Dúo D'Cache. Para maior comodidade dos asistentes, instalarase unha carpa no Cruce de Lombao.

Estas festas están organizadas pola Comisión de Festas do Sixto en colaboración co Concello de Ourol.