Na piscina municipal do Valadouro haberá festa de clausura este sábado, 31 de agosto

A Delegación de Deportes do Concello do Valadouro organiza unha festa para clausurar a tempada de verán da piscina municipal. Será este sábado, 31 de agosto de 16:00 a 18:00 horas con entrada libre.

No evento os participantes poderán gozar de tobogán acuático e de animación musical con DJ.